¿Lembrades o obradoiro sobre Familias adolescentes?. Hoxe queremos contarvos e traervos unhas imaxes da experiencia realizada nunha vila de Galicia. Sabedes que a actividade está dirixida a nais e pais con fillos adolescentes, así como a calquera persoa adulta que teña contacto con adolescentes e queira aprender novos xeitos de abordar os conflitos. Pois ben, nesta ocasión foron un grupiño de 10 nais e estivemos moi a gusto traballando con elas. Desde aquí, queremos darlle as grazas.
Descubrimos que podemos falar abertamente de que ás veces «váisenos a olla» e dicimos e facemos cousas que logo…
Descubrimos que o noso corpo expresa e que quizais sexa máis doado comezar por fixarse en que comunicamos con el, coa voz, a mirada, as mans, etc.
Descubrimos que as mensaxes que damos teñen un correlato nos rapaces, que non sempre temos claro! E houbo debate e confusión sobre que expresa a rabia dos nosos rapaces.
Descubrimos un montón de cousas interesantes…
No obradoiro trataremos os seguintes contidos:
- As familias adolescentes. Unha idade moi interesante pero proclive aos conflitos: «explosión» para os nenos e incertezas para os pais.
- Comprender aos rapaces: ¿que pasa co cerebro nesta etapa?
- Como se vive o amor nesta etapa. Que formas de amor necesita o adolecente.
- A trampa do control.
- Conectar. O vencello.
- Ser referente.
- Unha proposta para a casa.
A actividade está organizada e guiada por min, Cristina Bandín. Son psicóloga, traballadora social e terapeuta familiar, con 10 anos de experiencia en Familiae Psicoterapia e actualmente colaboradora no Centro de Orientación Familiar en Lugo.
No ano 2004 descubrín o enfoque sistémico como unha ollada diferente para abordar situacións complicadas e impulsar contextos de cambio. Desde o 2007 son Terapeuta Familiar, e oriento a miña formación a afondar no enfoque sistémico para enriquecer os meus campos habituais de traballo: intervención con familias, traballo en centros escolares, ámbito sociosanitario e colaboracións con outros profesionais.
- Duración: 1 hora e media.
- Necesitamos: un aula con espazo libre para moverse, un canón, un PC e unha pantalla.
- Descarga aquí esta información en pdf.
- Contacta con Cristina Bandín.