Compartimos con vós un artigo breve da nosa compañeira Cristina Bandín .
A maioría das persoas sufrimos ao longo das nosas vidas moitas perdas significativas: perdemos mascotas, amistades, traballos, relacións, a casa, migramos, perdemos saúde,… todas esas perdas teñen unha dó que facer.
Pero quizais a dó que nos cuestiona máis a propia existencia é a morte dunha persoa significativa. Espiritualmente aparecen preguntas de fondo, sobre o sentido da vida, ante as que xeralmente non temos resposta. Experimentamos baleiro, un silencio ante o que non nos conformamos. A morte e a dó non permiten unha negación total, reclaman verdade. ¡¡E aparecen a verdade e a beleza!! Por unha banda a verdade máis grande: o valor do amor; e por outra banda a verdade tráxica da soedade do ser humano.
Este é un tema gordo na biografía de cada ser humano e sen embargo atopámonos moitas veces sen ferramentas, sen reflexión previa. A pedagoxía da morte (e da vida) está ausente das escolas e da sociedade. Para combater esta realidade hai proxectos de investigación interesantes que queren introducir a morte en todo o currículo escolar, xa que a morte ten moitas dimensións e non se pode reducir só a un tema emocional que atendemos cando sucede algún acontecemento.
Os muros de silencio que hai entorno á morte aprendémolos desde pequenos cando en ocasións nos apartan das enfermidades e o sufrimento, ou nos dan explicacións vagas e falsas. Tamén cando nos din frases que negan os sentimentos ou non nos deixan expresarnos. Hai muros que son familiares, pero tamén hai muros sociais e culturais. Poden ser cousas máis ou menos sutiles as que nos van sucedendo pero dalgún xeito van preparándonos mal ou ben para as perdas significativas da vida. Coa actitude dos adultos, das persoas referentes, van calando mensaxes na nosa vida que nos poden dificultar un estilo de enfrontamento saudable.
A morte e a vida van da man
Se queremos axudar aos nenos a elaborar a dó do mellor xeito posible, unha cousa importante é ensinar ao neno a perder (e gañar), a renunciar (e a posuír), a ceder (e saírse coa súa). Así cando chegue a realidade da perda dun ser querido, estará con certa preparación na renuncia e na aceptación da situación non desexada. Tamén é positivo un traballo explícito sobre a morte, para mostrar que se pode falar serenamente, que podemos comprender algunhas cousas e que podemos expresar a nosa experiencia nun ambiente seguro, respetuoso e afectuoso. Compartir a dor e o amor en momentos “normais” da vida, fai que os nenos teñan máis recursos cando sucede unha morte cercana. Na escola e na familia poden facerse experiencias fermosas de compartir o legado de persoas que xa non están físicamente con nós. Traer á aula obxectos, fotos, construir as nosas árbores da vida, e moitas outras posibilidades creativas. As familias e a escola poden atopar xeitos marabillosos de combater eses muros de silencio que temos construido na nosa sociedade.