Ante as novas fases establecidas polo goberno, imos retomar a actividade presencial en Santiago de Compostela a partir do mes de maio. Por agora en Madrid manteremos a nosa atención online para coidarnos e coidar mellor aos nosos consultantes, dado que está resultando unha boa experiencia para todos e en Madrid as cousas van con máis calma.
Como sabedes comeza a desescalada e o goberno estableceu unhas fases. A partir do 11 de maio comeza a fase 1.
A consulta de Santiago (Centro de Negocios de Área Central) permite cambiar de espazos, utilizar salas máis amplas, ter a distancia suficiente entre a terapeuta e os distintos membros da familia, desinfección constante e as medidas de seguridade necesarias. Así que decidimos retomar a actividade presencial a partir do 11 de maio,
Así mesmo seguimos ofrecendo o contacto telefónico e as sesións online para todos os que prefirades este sistema.
Podedes concertar citas no teléfono 698146964 ou a través do mail cristina@familiae.es. Tamén contactando a través da web
Podes chamarnos para consultar todas as dúbidas que vos xurdan e intentaremos personalizar a atención para buscar que te sintas con seguridade.
A partir do 11 de maio poderemos vernos con mascarilla e todas as recomendacións sanitarias garantidas.
Agradecida pola vosa comprensión e colaboración.