Queremos ofrecervos algunhas actividades novas que poden ser do voso interese.
- O amor dos pais na etapa adolescente. Obradoiro gratuito. Grupo mínimo de 5-7 persoas.
- ¿Que habilidade queres aprender? Falando cos nenos que queren superar unha dificultade. Obradoiro gratutito. Grupo mínimo de 5-7 persoas.
- Mellora a túa parella bailando: «Dando os mellores pasos». En colaboración con Santango.net Consultar prezos e inscrición.
- Recuperarnos da violencia co movemento. ¿Bailamos?. En colaboración con Santango.net. Consultar prezos e inscrición.
Iremos compartindo os eventos no facebook pero podedes escribirnos para solicitarnos máis info ou solicitar algún obradoiro. Graciñas! Contacta.
Os rapaces adolescentes están na transición máis interesante do ciclo vital: biolóxicamente, cognitivamente, socialmente, espiritualmente… é un momento de cambio excepcional. Sorprende que os adultos falemos sobre os rapaces na adolescencia sinalando aspectos negativos cando a maioría dos adolescentes son sanos, estudian, practican deportes, teñen aficións,…
Certo que a adolescencia require dun axuste necesario na tarefa educativa dos pais, titores, familias acolledoras, educadores, etc. E ese axuste non sempre é respectuoso e axeitado. O obradoiro está destinado a pais, nais, familiares, persoas que conviven cos rapaces. Duración: 1,5h.
No obradoiro falaremos de como ser referentes nesa etapa do ciclo vital.
- As familias adolescentes. Unha idade moi interesante pero proclive aos conflitos: «explosión» para os nenos e incertezas para os pais.
- Comprender aos rapaces: ¿que pasa co cerebro nesta etapa?
- Como se vive o amor nesta etapa. Que formas de amor necesita o adolecente.
- A trampa do control.
- Conectar. O vencello.
- Ser referente e unha proposta para a casa.
Encontro de pais, nais, titores, educadores, que queiran motivar aos rapaces a superar algunha dificultade e non atopen un espazo positivo no que compartir experiencias.
Trátase dunha xuntanza dunha horiña na que, habendo unha guía, o máis importante é a achega de todos compartindo éxitos e fracasos.
Nos últimos 10 minutos expónse un modelo de conversa motivadora cos rapaces que se pode probar despois na casa.
Dirixido a adultos que acompañan nenos de 10 anos ou menores.
Obradoiro de 4 horas de duración guiado por Santango.net.
Trátase dunha proposta para mellorar a escoita e a complementación na parella a través do baile e a música. Co corpo, coa postura e o movemento comunicamos. O baile pode ser unha metáfora preciosa de cando dúas persoas deciden camiñar xuntas na vida. Como o facemos é moi importante. Podes consultar máis info da proposta: MELLORA A TÚA PARELLA BAILANDO
Guiado por profesores de Tango.
Colaboración de Familiae Psicoterapia.
Por moitas razóns o corpo queda excluido da «cura verbal». Así que este obradoiro é unha proposta para todas as persoas, xa que todas convivimos coa violencia, exercemos e sufrimos violencia. Temos no corpo unha información importante que levar á conciencia.
O obradoiro é un primeiro achegamento a mobilizar sentimentos, emocións, bloqueos corporais, e reconectarnos con nós mesmos e cos demáis.
Está dirixido a toda persoa que queira traballar o corpo nun espazo de seguridade.
Non está indicado para quen, tendo experiencias traumáticas de agresión, non fixera un traballo terapéutico previo.
Guiado por Santango.net e Cristina Bandín.