Familiae é un proxecto interdisciplinar para ofrecer un traballo terapéutico breve, orientado á busca de solucións e ao protagonismo das persoas / familias que atendemos.
Entre os obxectivos de Familiae Psicoterapia está facilitar a atención terapéutica a través da psicoterapia individual, de parella e de familia dende o modelo da terapia familiar sistémica:
- Problemas de ansiedade, depresión, dificultades nas relacións, no coidado de persoas con dependencia.
- Atención aos problemas do neno e adolescente: escolares, afectivos, familiares,…
- Orientación familiar e problemas de parella.
- Tamén ofrecemos xornadas de formación para pais, profesionais, ou poboación en xeral.
O equipo terapéutico e de formación está composto por Terapeutas familiares, que veñen doutros eidos profesionais moi relacionados co actual: escolas de pais, eido sociosanitario, orientación escolar, etc.
Familiae Psicoterapia foi unha aposta por dar resposta aos problemas da sociedade e a situacións da vida que dificultan que as persoas continúen o seu camiño. Apostamos polos recursos das persoas e familias e propoñemos terapias breves e con obxectivos claros. Temos en conta tamén a situación económica dificilísima que atravesan as familias e por iso adaptamos prezos e orzamentos.
Contacta con nós se queres máis información sobre o que podemos facer por ti.